INICIO OBRAS AULA DA NATUREZA DE QUIROGA. XULLO 2009.

Xa se iniciaron as obras do que será a Aula de Interpretación da Natureza do Concello de Quiroga, no terreo de titularidade municipal que se atopa ó lado das instalacións do Centro de Formación Ocupacional “Pía Paxaro” (antiga cárcere de Quiroga).
Neste espacio preténdese amosar ós veciños e visitantes unha representación, en imaxes e maquetas, dos ecosistemas característicos de Quiroga, repasando elementos como a flora, a fauna e a xeoloxía. O espacio expositivo estenderase tamén o exterior da aula, xa que está prevista a creación dun pequeno mostrario real das variedades vexetais máis representativas desta zona.
Con este ambicioso proxecto o Concello de Quiroga aposta decididamente por estudiar, divulgar e polo tanto conservar o seu máis que salientable patrimonio natural.






No hay comentarios:

Publicar un comentario